Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 11, 2018

E ti como les?

Non só de libros...

O club de lectura "Vixía das letras" reuniuse o pasado luns para comentar a lectura deste trimestre, La emperatriz de los etéreos . Aproveitamos tamén a vosa colaboración para facer unhas gravacións para un proxecto de radio na biblioteca escolar, do que iremos vendo resultados proximamente. Pasamos un recreo moi divertido e queremos agradecervos a resposta sempre positiva e entusiasta ante as nosas propostas. Velaí tedes algunhas fotos da sesión. Que vos parecen?

As mil e unha historias de Marisol Ortiz de Zárate

Non contabamos con micrófono e non fixo falta. A pesar de que Marisol Ortiz de Zárate nos advertiu de que a súa voz era frouxa, moi pronto conseguiu captar a atención do alumnado de 3º da ESO referindo a historia da narradora de contos máis antiga, a protagonista de As mil e unha noites . Ao fío desta e doutras historias, a escritora tratou mil e unha curiosidades non só da súa propia experiencia no oficio da escritura, senón tamén da novela  Cantan los gallos. Deste xeito, tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre a obra de lectura deste trimestre, pero dende o punto de vista da autora: como é o proceso de documentación dunha obra histórica?, de que foxen os protagonistas?, quen é o personaxe preferido da escritora?... Comentou Ortiz de Zárate que a máxima de que a novela debe atrapar o lector guiou o proceso creativo desta obra que o alumnado de 3º da ESO leu con pracer. Do mesmo xeito nos atraparon as súas palabras, ás que puxo punto e final co relato dun magnífico con


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...