Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 31, 2024

Club de lectura: 22 segundos

Desde a Biblioteca Rebolo, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, promovemos a lectura inclusiva, polo que formamos un Club de lectura con alumnado de diferentes grupos, niveis e intereses, e con propostas diversificadas para eles. Aquí unha mostra do libro que desfrutou o noso alumnado de PDC, 22 segundo , de Eva Mejuto. A través da súa lectura dramatizada, o alumnado asistiu ao relato, en primeira persoa, do proceso vivido por un rapaz que non sabía o que estaba acontecendo coa súa propia identidade sexual. Recomendámosvos esta lectura, tanto para traballar coa cativada como para deleite persoal!!!

Alumnado premiado no Concurso de cartas de amor

 Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cartas de amor convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A: 1º premio: MARÍA LOBERA LISTA. 2º ESO D. 2º premio: HUGO BARDANCA VILLAVERDE. 2º ESO D. 3º premio: ARANCHA COTELO MUÍÑO. 2º ESO C. CATEGORÍA B: 1º premio: NOA FRAGA SANDE. 4º ESO A. 2º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A. 3º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN. 4º ESO A. Parabéns ás/aos gañadores/as! Graciñas a todo o alumnado que participou e un agradecemento especial ao xurado que tivo unha ardua tarefa na lectura das numerosas cartas e na decisión dos/as gañadores/as.

Alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido

  Un xurado, formado por membros do Equipo da Biblioteca, decidiu o alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido. CATEGORÍA A: 1º premio: NURIA PENA TRIGO . 2º ESO C. 2º premio: SARAI FRANCO ROJO. 2º ESO D. 3º premio: HUGO NEGREIRA GARCÍA. 2º ESO A. CATEGORÍA B: 1º premio: DELIA ANTELO SIMÓN. 4º ESO A . 2º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN . 4º ESO A . 3º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A. Parabéns á s e aos gañadores  e graciñas a todo o alumnado que participou e que demostrou a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais. Podedes ver unha selección das mellores cantigas nun taboleiro na entrada do instituto.  

Concurso de lapbooks para conmemorar o vindeiro Día do Libro

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o vindeiro Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks! Bases do concurso:

Preparamos o Samaín

O noso centro, e especialmente a nosa biblioteca, coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tamén se quixo preparar para a noite de defuntos e ambientarse para recibir o Samaín. Aquí vos deixamos unha mostra. Ademais, quixemos degustalo, por iso celebramos un concurso de COMIDA MONSTRUOSA!!!!!!!!! E aquí tedes os/as gañadores/as!!!!!

Charla sobre as bases dunha alimentación saudable (7 de abril, Día Mundial da Saúde)

 O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, por iso hoxe está no noso centro Julieta Rey Garrido, dietista e farmacéutica, para falarlle ao noso alumnado de 4° da ESO sobre as bases da alimentación saudable e, ao mesmo tempo, desmontar algúns mitos alimentarios. Moitas grazas ao Departamento de Educación Física pola súa colaboración co equipo da Biblioteca!

A muller no deporte: charla das nosas alumnas deportistas (8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora)

 As mulleres deportistas levan moito tempo loitando pola súa visibilidade e pola non discriminación. Posto que o número de alumnas deportistas do noso centro é amplo, e os deportes que practican variados, quixemos contar co seu testemuño. Así pois, alumnas de 3º e 4º da ESO falárolle ao noso alumnado de 1º da ESO sobre o deporte que practican, as súas condicións de adestramento e sobre as diferenzas entre os equipos e os partidos masculinos e femininos.     Moitas grazas ao Departamento de Educación Física pola súa activa colaboración co equipo de Biblioteca na organización desta charla para conmemorar o Día Internacional da Muller, centrado neste caso na muller deportista!

A violencia de xénero: Noelia Míguez fálanos do tema e presentamos o seu libro (8 de marzo, Día Internacional da Muller; 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller)

Para conmemorar o Día internacional da Muller (8 de marzo), pero sen esquecer a violencia machista que esta sofre (lembramos que o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller é o 25 de novembro), o 18 de marzo estivo no noso centro Noelia Míguez para falarnos sobre a violencia de xénero, os diferentes tipos e mostrarnos casos reais, partindo da súa experiencia persoal.  Noelia explicoulles ao noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, desde a primeira persoa, o que vive e sofre unha vítima de violencia de xénero. E presentounos o seu libro, Ocho señales. Cuestión de vida o muerte , onde relata, desde esa vivencia persoal, o maltrato sufrido e o seu proceso físico e psicolóxico ao longo dese tempo. Na Biblioteca Rebolo temos algúns exemplares que se poden coller para ler e que vos recomendamos!!                            


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...