Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 13, 2022

SAMAÍN NA BIBLIOTECA REBOLO

Todos os galegos apreciamos esta data moito antes de que a celebración do Halloween, na súa versión americana, chegase ata nós. E é que aquí o Samaín forma parte da tradición máis arraigada e enxebre da nosa terra. O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Chegou aos Estados Unidos durante os séculos XVIII e XIX, debido aos numerosos emigrantes escoceses e irlandeses que marcharon a América, levando consigo a súa cultura e tradición. En gaélico, Samhain significa "fin do verán", como o celebraban os antigos celtas nesa época de transición do verán ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar todos os anos, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se di que é máis fácil viaxar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos. Na Biblioteca Rebolo celebramos o Samaín transformando a vosa biblioteca nun lugar que “dá medo” (só de xeito transitorio, eh!) e facendo unha escolma de libros “terroríficos”. (Ademais o alum


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...