Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 19, 2022

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO

 Nestes días contamos coa presenza de Tomás e Mariano (10D10) que impartiron aos nosos/as  alumnos/as un obradoiro de iniciación á Radio.  No mesmo aprenderon diferentes técnicas e ferramentas informáticas para fomentar o traballo e a creatividade  a través da nosa Radio Escolar "Rebolondas" Foron unhas xornadas moi divertidas e interesantes. Moitas grazas por participar connosco.

ENTREGA AGASALLOS AO ALUMNADO AXUDANTE

 Ao rematar este curso queremos agradecer cun pequeno agasallo ao noso alumnado axudante a súa colaboración e axuda nas diversas actividades desenvolvidas neste curso. Moitísimas grazas pola vosa participación!!! Contamos convosco para  seguir colaborando no vindeiro curso!

Premio Lola Collazo

   Novamente temos que felicitar á nosa alumna Lola Collazo Couto de 4º ESO A por ter acadado o primeiro premio (CATEGORÍA A) no XVII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis co seu relato “Atrapada polas patiñas do tempo (e das luras)”. Moitos parabéns, Lola, por outro premio literario máis! Animamos a todo o alumnado do noso centro que, como Lola, teña inquietudes literarias a participar nas próximas edicións. http://www.curtis.gal/index.php/es/noticias/4474-fallado-o-xvii-premio-de-narracion-curta-do-concello-de-curtis https://galego.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2022/06/12/entrega-premios-certame-narracion-curta-67175913.html    

Día Mundial do Medio Ambiente

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano o lema é UNHA SOA TERRA. No noso centro conmemoramos esta data cunha exposición de traballos realizados polo alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO. O alumnado elaborou carteis, que están expostos na entrada do centro e gravaron vídeos nos que explican as investigacións levadas a cabo. Por outra banda, o alumnado de 1º ESO traballou ao longo do curso sobre biodiversidade elaborando guías de seres vivos. Nas vitrinas exponse unha pequena selección destes traballos. Desexamos con estas actividades, contribuír a formación de cidadáns máis repectuosos cos ecosistemas, para garantir que este fermoso e único planeta siga sendo un fogar confortable para a humanidade.    


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...