Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 29, 2020

Exposición de Conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos

Como todos sabedes, o 10 de decembro conmemoramos o Día Internacional Dos Dereitos Humanos. E como non, desde a nosa Biblioteca Rebolo, realizamos unha serie de actividades para dar visibilidade a unha data tan celebrada en todo o mundo. Non podía faltar o papel tan importante que xogaron nesta efeméride, as mulleres. Para iso, colocamos no taboleiro do instituto, as imaxes de grandes mulleres activistas que loitaron polos nosos dereitos. Nun lugar preferente aparece Eleanor Roosevelt , presidenta da Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas e impulsora da declaración das liberdades e profundamente involucrada en cuestión de xustiza social. Entre elas destacamos a Lakshmi Menos , delegada da India ante a Terceira Comisión da Asemblea Xeral en 1948, avogando pola non discriminación sexual ao longo da Declaración Universal Dos Dereitos Humanos. Importante tamén foi o papel que desenvolveu a diplomática e activista da República Dominicana, Minerva Bernandino , reafirmando o papel

Podcast con motivo do 10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos

O 10 de decembro celebramos o Día dos Dereitos Humanos. Neste día conmemoramos que en 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH), un documento histórico que proclama os dereitos inalienables que corresponden a toda persoa como ser humano. Entre as actividades realizadas no noso centro para conmemorar este día, gravamos un podcast na nosa radio escolar, Rebolondas. Neste audio de 9 minutos podemos escoitar, na voz de alumnado voluntario de 4º ESO, o porqué desta data,   a contribución de Eleanor Roosevelt, porque é importante a loita e a defensa dos dereitos humanos e os 30 artigos da Declaración. Agradecemos a colaboración do alumnado participante nesta actividade:   Xosé Cameán García, Susana Pallares Vilaverde, Lara Rabuñal Vila e Alba Varela Vales, que o fixo con gran profesionalidade. E lembrade que os dereitos humanos deben ser unha prioridade para tod@s se queremos construír un mundo máis xusto e mellor.

Vídeo con motivo do 10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos

  Como acostumamos a facer desde a nosa Biblioteca Rebolo , organizamos unha actividade para conmemorar o Día Internacional Dos Dereitos Humanos . O alumnado de 1º de Bacharelato participou na lectura e gravación dun vídeo no que se leu o Preámbulo e os 30 artigos da “Declaración Universal Dos Dereitos Humanos”. O obxectivo desta actividade foi dar a coñecer todos os artigos desta declaración facendo que o alumnado se implicase dunha maneira diferente. Desde o equipo da Biblioteca queremos agradecer a tod@s aqueles que quixeron participar e aqueles que se ofreceron de forma voluntaria. Sabiades que este documento está dispoñible en 500 linguas e que foi o que máis se traduciu no mundo? Os dereitos humanos universais , como afirmou Eleanor Roosevelt , comezan en pequenos lugares, preto das nosas casas; en lugares tan próximos e tan pequenos que non aparecen en ningún mapa… Se eses dereitos non significan nada nestes lugares, tampouco significan nada en ningunha parte. Sen unha


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...