Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 20, 2022

Faite un bookface e leva un premiazo!

Na Biblioteca Rebolo organizamos un concurso co motivo da celebración do día Internacional do Libro (23 de Abril).  O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro. Consulta as bases que tedes máis abaixo e amimádevos todxs a participar! Hai moitos premios en xogo!    

CONCURSO DE LAPBOOKS

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o próximo Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!    

Actividades 8M

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.  No noso centro quixemos conmemorar este día con varias actividades. Nas vitrinas puxemos unha escolma de libros de todo tipo relacionados co tema. O alumnado de Valores Éticos de 4º ESO tamén participou na conmemoración deste día realizando uns traballos sobre a Igualdade de xénero dos que vos deixamos unha selección nestas imaxes: Por outra banda podedes achegarvos ao taboleiro da entrada do noso centro onde hai diferentes viñetas e carteis do Día Internacional da Muller, un deles realizado polo alumno de 4º ESO B: Sergio Caamaño Novo. Ademais neste taboleiro tamén están expostos algúns dos traballos realizados polo alumnado de 3º ESO: “ A muller traballadora da túa vida”. O alumnado de 3º ESO homenaxeou as “mulleres traballadoras da súa vida”: avoas, nais, irmãs, amigas … , “brillantes activistas da vida coti


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...