Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 29, 2017

Achégase o día 25

Novo curso, novos lectores

Os alumnos de 1º da ESO tiveron unha actividade de presentación da biblioteca, na que aprenderon a organización, normas de uso e foron  identificados como novos usuarios.

Éxito na celebración do Día da Biblioteca

Esta semana celebramos no centro o Día Internacional da Biblioteca. Escribistes as vosas opinións e suxestións sobre a nosa biblioteca nun gran mural que agora temos colocado como decoración. Tamén puidestes levar de recordo algúns materiais da nosa biblioteca. Aquí tedes algunhas fotos dese día.

Primeira reunión do club de lectura

Esta semana o noso club de lectura, "Vixía das letras", tivo a súa primeira xuntanza. Comezamos as reunións deste ano con moita enerxía e aproveitamos para coñecernos un pouco máis. Eliximos tamén o libro de lectura para este trimestre: La lección de August , de R. J. Palacio. Recordade que na próxima reunión comentaremos a lectura e seleccionaremos as que valoredes como mellores frases do libro. Sinopse: «Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» A faciana de Auggie faino distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza baixa tratando en van de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios afogados e golpes de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias de "A guerra das Galaxias". Este ano todo vai trocar, porque es


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...