Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 24, 2019

Día contra a Violencia de Xénero

Desde o noso centro, e dun xeito especial desde a Biblioteca, participamos conmemorando o “ Día contra a Violencia de Xénero” nunha serie de actividades que pretenden concienciar e informar o alumnado na eliminación das violencias machistas. A nosa finalidade última é a concienciación dos nosos alumnos e alumnas para que se impliquen de forma activa nesta lacra social que cada día, aumenta. Para iso organizáronse unha serie de actividades onde os distintos departamentos e titorías colaboraron de xeito moi activo.  O alumnado de 1º ESO realizou un vídeo musical e os de 2º Bacharelato deileitáronnos cunha peza de teatro lido: Un berro na escuridade resaltando o papel da muller na sociedade. Todos os estudantes, acompañados dos titores, baixaron á biblioteca a visualizar estes traballos. Nos lugares comúns do instituto fixemos unha pegada de textos escritos polos propios alumnos onde se traballaban aspectos sobre posibles solucións para erradicar da nosa sociedade esta barbarie co

Día Universal da Infancia

O día 20 de novembro conmemoramos no noso centro o Día Internacional da Infancia. Por este motivo, un grupo de alumn@s de 1 ESO realizaron unha emisión radiofónica na nosa radio escolar “Rebolondas”. Nela, explicaron que foi, neste día do ano 1989, cando foi aprobada a Convención dos Dereitos do Neno, o máis universal de todos os tratados internacionais. Neste documento son establecidos unha serie de dereitos, a protección fronte á violencia, a non ser discriminados e a que sexan escoitadas as súas reivindicacións, para que a infancia sexa algo para protexer independentemente das situacións dos nenos e nenas e do lugar do mundo onde se atopen. Velaquí, o postcast desta emisión!!! Escoitar o podcast


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...