Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 19, 2019

Os videoxogos violentos, nos fan máis agresivos ou nos axudan a liberar estrés?

O pasado día 21 de Maio tivo lugar no IES Isidro Parga Pondal un debate académico en torno á cuestión de se os videoxogos violentos aumentan a nosa agresividade ou non. Esta é a segunda vez que o alumnado de bacharelato deste instituto se enfronta ao do IES Urbano Lugris, de A Coruña. O debate foi realmente interesante; ambas partes presentaron os seus argumentos a favor e en contra, refutaron con contundencia e cortesía os aspectos que non lles parecían ben fundamentados e nas súas conclusións declararon que, con xogos ou sen eles, todos condenan a violencia.  A verdade, nestes tempos de tanto enfrontamento crispado entre politicos, agradécese asistir a un bo debate.

UNHA ANDAINA POLA ASTRONOMÍA

O pasado 10 de maio visitounos Víctor Tilve nunha actividade organizada polo departamento de Matemáticas. Víctor estudou matemáticas na USC e foi, xustamente durante a carreira, cando se atopou coa Astronomía ao realizar un traballo sobre astrofotografía. Tras esta experiencia, o noso poñente mudou os seus intereses cara a contaminación luminosa, ao comprobar que na súa cidade, Vigo, as estrelas non eran visibles pese a ter unhas condicións climáticas favorables. A afición de Víctor pola Astronomía foi medrando ata o punto de convertirse tamén na súa profesión. Na actualidade traballa como operador de telescopios no observatorio de Javalambre (Teruel), traballo que combina coa divulgación científica e coa investigación. Na súa visita Víctor fíxonos unha breve introdución á Astronomía, falounos dos telescopios que emprega no seu traballo (os cales sorprendentemente empregan logaritmos no seu funcionamento) e fíxonos partícipes da problemática que amosa a contaminación luminosa.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...