Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 3, 2018

Día Internacional do Medio Ambiente

Sen contaminación por plástico O 5 de xuño celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente , que este ano ten como lema "Sen contaminación por plástico". O departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, en colaboración coa biblioteca Rebolo, participou nesta xornada cun concurso-exposición de fotografía. Os participantes deixáronnos fermosas imaxes da súa visita ao Monte Aloia, tema proposto para este certame. Aquí tedes un vídeo que recolle as obras dos participantes: E, como non, tamén podedes ver algunhas caras coñecidas: Este ano, a campaña proposta pretende concienciarnos da necesidade de reducir a produción e uso dos plásticos, que poñen en serio perigo a vida dos nosos mares e, en consecuencia, a nosa propia saúde! Como sabemos que estades interesados neste tema, propoñemos que busquedes información (as redes seguro que vos axudan) e fagades unha reflexión que vos axude a tomar conciencia e decisións para loitar contra este problema. Para comezar,

Non hai dúbida: xuño está aquí

¿Alguén ten hoxe un exame? ¿Hai que presentar un traballo? ¿Imprimir unha imaxe? ¿Resolver un exercicio? ¿Consultar información? Estes últimos días de curso é difícil atopar sitio na biblioteca do Parga Pondal. Se seguimos así, imos necesitar unha ampliación. A todas e todos, ánimo e moita sorte neses exames!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...