Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 7, 2024

Película "Campeones" e charla-coloquio (3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade)

 O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e o equipo de Biblioteca, xunto co Departamento de Orientación, quixo facer partícipe ao alumnado de 1º ESO a través da visualización da película "Campeones" e unha posterior charla-coloquio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Entrega de diplomas ao noso alumnado axudante de biblioteca

 No noso centro contamos con varios alumnos e alumnas que axudan nas tarefas cotiás da biblioteca, así como na realización das actividades que esta desenvolve. Igual ca este ano, o noso centro particiou no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA.  En primeiro lugar, queremos agradecer a este alumnado a súa colaboración e disposición diaria, tanto neste ano coma no pasado!!!! MOITAS GRAZAS!!!!! Ademais, ao formaren parte deste programa no curso 2022/2023, recibiron un diploma acreditando esta colaboración, do que vos deixamos unha mostra!

Charla Xurxo Souto

O noso compañeiro Xurxo Souto, cunha grande actividade sociocultural e literaria como nos informaron as súas alumnas de latín de 2º de bacharelato, ofreceu unha charla ao noso alumnado de 1º e 2º de bacharelato onde lles amosou a relación da poesía e da música na literatura galega. Así tamén, explicoulles a importancia de Luísa Villalta (homenaxeada estea ano no Día das Letras Galegas) na nosa literatura e a súa relación coa música. Acabamos esta a charla cunha mostra do que é a literatura bravú, subxénero literario do que é un dos grandes representantes. Na nosa biblioteca dispoñemos da súa obra, e animámosvos a todos e todas a que a leades!!! Moitas grazas ao equipo de Dinamización da Lingua Galega, ao Departamento de galego e ao equipo da Biblioteca pola súa colaboración, e sobre todo ás súas alumnas de latín que nos amosaron as a relación de Xurxo coa escrita, coa música e co audiovisual galego!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...