Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 7, 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Como xa sabedes, o 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. No noso instituto conmemorámolo cunha exposición de poemas de Lola Collazo (3° ESO A) acompañados das preciosas ilustracións de Celia Botana (3° ESO C). Ditos poemas, están inspirados na obra da poeta, ilustradora e autora canadiense de orixe india Rupi Kaur (@rupikaur_). Por outra banda, podedes achegarvos ao panel de exposición para ver os demáis carteis que seleccionamos para vós e tamén podedes ver nas vitrinas unha escolma de libros de todo tipo relacionados co tema.   O alumnado de 4º ESO quixo homenaxear as “mulleres traballadoras da súa vida”. Avoas, nais, amigas … , “brillantes activistas da vida cotiá”, mulleres loitadoras que deixarán unha pegada imborrable na historia da súa vida. Esta é unha pequena selección destes traballos. E para rematar, aquí tendes un pequeno video de rapaces e rapazas que nos contan que pensan do feminismo, machismo ou a violencia machista. Aínda que non é noso, non de


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...