Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 22, 2020

Eliminación de cita previa para acceder á Biblioteca

Queremos informarvos que desde o luns 30 de novembro desaparece o funcionamento de acceso á biblioteca empregando a cita previa. Agora poderedes acceder cando o necesitedes. No caso de non producirse aglomeracións, seguiremos mantendo este novo sistema ao longo do curso. En calquera caso, os protocolos de limpeza de mans e dos postos así como o resto de normas mantense vixentes Esperámosvos na vosa biblioteca!!    

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: "O maltrato sutil" con Radio Rebolondas

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e dende a nosa radio escolar, Rebolondas, o alumnado do noso centro, a través dun grupo de 3 ESO, pon voz a reivindación desta data, na que denuncian a violencia que se exerce contra a muller en todo o mundo, reclamando políticas en todo o planeta para a súa erradicación.   Escoitaremos, a través dunha pequena historia, “o maltrato sutil” as diferentes formas que existen de exercer a violencia contra unha muller, para que sexamos capaces de reflexionar, de concienciarnos sobre esta problemática, de revisar os valores e mitos que toleran todos os tipos de violencia. Todos podemos dende o noso lugar, ccontribuír a erradicar os diferentes tipos de violencia contra as mulleres, porque non existe xustificación da violencia contra as mulleres.  Alumnado participante na grabación do podcast Audio co podcast Vídeo feito durante a grabación do podcast

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: Recomendacións de lecturas relacionadas coa violencia de xénero

Como xa sabedes o 25 de novembro participamos unha vez máis no Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.  Este ano non podemos levar a cabo ningunha actividade conxunta por mor da pandemia de covid-19, mais desde a biblioteca Rebolo levamos a cabo varias acción e actividades conmemorativas que poñan de manifesto o noso compromiso coa igualdade de xénero e o rexeitamento máis absoluto de todas as formas de violencia machista.  Entre estas actividades está a escolma dunha serie de libros que pensamos poden ser do voso interese e que tedes expostos na vitrina esquerda do corredor. Hai moitos máis no vosa biblioteca!   

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: Situacións a loitar contra os micromachismos

Hoxe en día xa resulta fácil identificar e rexeitar un comportamento claramente machista nos diferentes ámbitos da nosa vida: laboral, familiar ou social. Pero aínda hai moitas actitudes do noso día a día que pasan máis desapercibidas e que encobren estas actitudes machistas ou sexistas: son os MICROMACHISMOS. Para que sexas máis consciente destes micromachismos, o noso alumnado reproduciu nunhas conversas de whatsapp situacións con exemplos que desgraciadamente se poden atopar na vida cotiá e que son herdanza dunha cultura machista.  Seguro que se che ocorren moitos máis … Está na man de todos e todas detectalos e frealos para acadar un futuro libre de esteorotipos limitadores Aquí vos deixamos unhas fotos do panel na entrada camiño da cafetería Podedes ver máis en miúdo algunhas das conversas        


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...