Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 10, 2019

Saídas FIOT 2019

Este ano o FIOT presentou o FIOTEEN, unha canle para sair á procura de novo público nos centros educativos. A través desa canle mantiveron informado ao alumnado de todo o que acontecía no FIOT, graciñas á interpretación de Alba Bermúdez e Tone Martínez, da compañía carballesa Galeatro, que visitaron os centros con píldoras informativas presentando os diferentes espectáculos. Tamén se representou no centro educativo a obra “Por unha peseta” da compañía Apatacón. Ademais do anterior ofrecéronse de xeito gratuíto ao alumnado diversas representacións no Pazo da Cultura, podendo dese xeito acudir á preestrea de algunhas das obras do FIOT. Así, o alumnado de 3º de ESO puido disfrutar da obra “Medida x medida”, de PT Excéntricas, o alumnado de 4º de ESO da obra “O electo” de Contraproducións e Focus e o alumnado de bacharelato da obra “Dados” de Ventrículo Veloz. Agradecemos ao FIOT a colaboración cos centros educativos. Podedes consultar unha galería cos imaxes das saída


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...