Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro 23, 2018

Xa (case) estamos aquí!

Boas a todas e todos! Non desesperedes, xa estamos a piques de abrir as portas!   Esperamos poder estar convosco a próxima semana, a ser posible o luns 1 de outubro.  Aínda que xa non podemos contar con Anta nin con María Bascuas (estamos negociando con cadanseus representantes para conseguir que nos visiten durante o presente curso), as demais seguimos aquí, ao voso servizo para o que precisedes, baixo a batuta de Bea Cuesta (a nosa nova lider ) e coa colaboración engadida de Basi, Sandra, Diego e Irma.  E, como non, seguimos contando con todas e todos vós, polo que continuaremos propoñendo actividades nas que sempre estamos encantados da vosa participación. Pero isto non é o único que esperamos, precisamos a vosa iniciativa, as vosas ideas, a vosa creatividade, as vosas suxestións, o voso traballo. Xuntos imos facelo moito mellor! Xa vos iremos contando! Estade atentos ás nosas comunicacións! Feliz curso a todos e todas!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...