O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca . A Biblioteca Rebolo súmase a esta iniciativa con dúas actividades que buscan a vosa implicación. Ofrecémosvos a posibilidade de levar como regalo libros dunha selección que diversos departamentos poñen á vosa disposición. E coa vosa colaboración crearemos un muro onde poderedes expresar opinións, críticas, suxestións, visións persoais ou o que creades oportuno sobre a biblioteca con comentarios, frases, debuxos, graffitis... Participa! Contamos contigo!