Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 6, 2018

Día das Letras Galegas II

D17 de maio Día das Letras Galegas Lembrade que durante a próxima semana teremos diversas actividades! Xa coñecedes os concursos de narración e debuxo convocados (botádelle unha ollada á publicación do día 3 de maio). Aínda hai máis! Desde o departamento de Lingua galega, o ENDL e a biblioteca Rebolo convocámosvos á creación dunha historia colectiva:    Para levar a cabo esta actividade, poñemos á vosa disposición tres cadernos nos que poderedes ir engadindo, cada un de vós, unha peza desta historia conxunta. Construíde connosco! Tamén poderedes participar nos xogos relacionados coas Letras Galegas que vos ofreceremos no vestíbulo do centro. Os que participedes seredes agasallados cunha pequena sorpresa. Xogade á sopa de letras, aos cubos, á palabra perdida...! E non esquezades visitar a exposición sobre M. Victoria Moreno da que podedes gozar desde onte. Trátase dun conxunto de carteis elaborados polo alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero e que resultou

Audios do Día do libro

Aquí tedes, cun pouquiño de retraso, os audios que escoitamos o Día do libro nos cambios de clase. Son oito magníficas voces de rapazas e rapaces do noso instituto aos que lles damos as grazas pola súa participación e colaboración. Coa vosa axuda todo é máis sinxelo!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...