Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 25, 2018

Terceira entrega do Sabías quen?

Os participantes do Sabías quen? xa coñecen as novas imaxes da Proba 2. Agora compartímolas con todas e todos vós. E, como non, temos que agradecer a súa imprescindible colaboración ás profesoras que nos regalaron o seu traballo. GRAZAS! Velaquí están... Para a 1ª categoría                                       Pista 1: Fidalga nada na familia do Couto da Cereixa                                       Pista 2: Dirixiu unha revolta contra os impostos que o bispo cobraba                                       Pista 3: O seu nome aparece no reto do videoxogo Pokemon X Para a 2ª categoría Pista 1:   Viviu algúns anos da súa infancia  no Virreinato cuxa capital era a cidade de Lima. Pista 2: É a protagonista dunha novela da escritora Alexandra Lapierre. Pista 3:   Participou xunto a varias mulleres nunha expedición, que o seu home organizou, cara ás illas Salomón.      A que son estupendas? Non deixes de facernos chegar os teus comentarios!

Seguimos xogando

Hoxe entregamos a segunda imaxe da proba 2, Foto-recoñecemento!!! E outra vez temos que dar as grazas ás profesoras que se prestaron a colaborar connosco nesta actividade. Mil grazas, compañeiras! Para a 1ª categoría Pista 1: O seu primeiro traballo foi nunha fábrica téxtil nunha cidade situada na beira do río Volga. Pista 2: Tiña unha ampla experiencia en paracaidismo dende moi nova. Pista 3: Hai un cráter na lúa que leva o seu nome. Para a 2ª categoría Pista 1: Dentro do campo da obstetricia, as súas ideas foron tan innovadoras e eficaces que chegaron a ser postas en dúbida no século XX.  Pista 2: Estudou na Escola de Medicina de Salerno.  Pista 3: O seu home elaborou un manuscrito en latín sobre plantas medicinais. Seguide pensando!

Reunión do Club de lectura

Xa tedes na porta da nosa Biblioteca a información sobre a convocatoria da próxima reunión do Club de lectura "Vixía das letras". Anotade nas vosas axendas: luns 5 de marzo, onda sempre e no horario habitual. Aproveitaremos para poñer en común os aspectos máis salientables da lectura deste trimestre. Polos comentarios que estamos escoitando, cremos que está sendo todo un éxito. Xa sabedes que a novela de Laura Gallego tivo bastante repercusión, como demostran as traducións que dela se fixeron. Aquí tedes algunhas das portadas da novela noutras linguas. As imaxes proceden da páxina oficial da autora :

Vistes que profes? Xeniais!

O noso agradecemento ás profesoras que colaboran connosco nesta actividade.  Un bico grande e parabéns polo voso traballo, estades fantásticas! E estas son as imaxes do primeiro día coas súas pistas correspondentes: Para a 1ª categoría Pista 1. Liderou unha carga contra as tropas dirixidas por Sir Francis Drake que atacaban a súa cidade. Pista 2.  Rematou o seus días como unha muller de negocios tras recibir unha mercé real que lle permitía facer exportacións a Portugal. Pista 3. Foi, segundo os cronistas da época, “unha muller de armas tomar” Para a 2ª categoría Pista 1 . Relacionouse cos artistas, cineastas e escritores da Xeración do 27 na Residencia de Estudantes.  Pista 2. Viviu no exilio, despois da Guerra Civil Española, en varios países situados no cono sur do continente americano.  Pista 3. Foi a única muller integrante da “Cofradía de la Perdiz” 

Xa nos tardan os vosos traballos!!!

Que ganas! Xa estamos desexando recibir as vosas respostas! Estas son algunhas das imaxes que os participantes do Sabías quen? teñen que imitar e presentar, a que todas e todos queredes velas xa??? Ánimo e moitas grazas por participar!

Sabías quen?

Luns 26 de febreiro! Por fin! Comezamos a xogar a Sabías quen? Non vos esquezades de pasar pola biblioteca a recoller o material das probas! Sorte a todas e todos!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...