Saltar ao contido principal

Ola


O que ves é un gran OLA, unha nova forma de mostrar a biblioteca que coñecías, a maneira en que se producen moitos fenómenos naturais. Onde había algo coñecido e estimado, de súpeto o paso de tempo dá lugar a novas formas que substitúen ás que había e que o tempo levou consigo. Moitos botaredes en falta a BibliotecaLandra que nos acompañou estes últimos dez anos. Moitos agradecemos o seu labor, do que algúns formamos parte.

Agora chega unha nova tempada con novos froitos, coma este, que será instrumento dun novo equipo formado por novas caras, unhas máis coñecidas que outras, pero cun obxectivo común: compartir o que temos nun ambiente de afabilidade e confianza.

Co nome de BibliotecaRebolo este novo equipo invítavos a formar parte unha vez máis deste mundo que se centraliza na biblioteca, con actividades, con concursos, con recitais e conferencias. Con todo o que faga falta para que a sintas preto de ti e teñas o desexo de formar parte dela.

Por este motivo abrimos este pequeño anaco en internet onde poderás atopar novas, ideas, suxestións... e, sobre todo, onde esperamos ter cabida todos.

Esa é a razón de que volvamos a dicir... OLA.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...