Saltar ao contido principal

Primeira reunión do club de lectura

Esta semana o noso club de lectura, "Vixía das letras", tivo a súa primeira xuntanza. Comezamos as reunións deste ano con moita enerxía e aproveitamos para coñecernos un pouco máis. Eliximos tamén o libro de lectura para este trimestre: La lección de August, de R. J. Palacio. Recordade que na próxima reunión comentaremos a lectura e seleccionaremos as que valoredes como mellores frases do libro.


Sinopse: «Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» A faciana de Auggie faino distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza baixa tratando en van de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios afogados e golpes de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias de "A guerra das Galaxias". Este ano todo vai trocar, porque este ano vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: medrar na adversidade, aceptarse tal e como é, sorrir aos días cincentos e saber que, ao final, sempre encontrará unha man amiga.


Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...