Saltar ao contido principal

Seguimos xogando

Hoxe entregamos a segunda imaxe da proba 2, Foto-recoñecemento!!!
E outra vez temos que dar as grazas ás profesoras que se prestaron a colaborar connosco nesta actividade. Mil grazas, compañeiras!

Para a 1ª categoría
Pista 1: O seu primeiro traballo foi nunha fábrica téxtil nunha cidade situada na beira do río Volga.
Pista 2: Tiña unha ampla experiencia en paracaidismo dende moi nova.
Pista 3: Hai un cráter na lúa que leva o seu nome.

Para a 2ª categoría
Pista 1: Dentro do campo da obstetricia, as súas ideas foron tan innovadoras e eficaces que chegaron a ser postas en dúbida no século XX. 
Pista 2: Estudou na Escola de Medicina de Salerno. 
Pista 3: O seu home elaborou un manuscrito en latín sobre plantas medicinais.

Seguide pensando!

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...