Saltar ao contido principal

Terceira entrega do Sabías quen?

Os participantes do Sabías quen? xa coñecen as novas imaxes da Proba 2.
Agora compartímolas con todas e todos vós.
E, como non, temos que agradecer a súa imprescindible colaboración ás profesoras que nos regalaron o seu traballo. GRAZAS!
Velaquí están...

Para a 1ª categoría
                                      Pista 1: Fidalga nada na familia do Couto da Cereixa
                                      Pista 2: Dirixiu unha revolta contra os impostos que o bispo cobraba
                                      Pista 3: O seu nome aparece no reto do videoxogo Pokemon X


Para a 2ª categoría
Pista 1: Viviu algúns anos da súa infancia no Virreinato cuxa capital era a cidade de Lima.
Pista 2: É a protagonista dunha novela da escritora Alexandra Lapierre.
Pista 3: Participou xunto a varias mulleres nunha expedición, que o seu home organizou, cara ás illas Salomón.    

A que son estupendas?

Non deixes de facernos chegar os teus comentarios!

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...