Saltar ao contido principal

Día das Letras Galegas II

D17 de maio
Día das Letras Galegas

Lembrade que durante a próxima semana teremos diversas actividades!

Xa coñecedes os concursos de narración e debuxo convocados (botádelle unha ollada á publicación do día 3 de maio).

Aínda hai máis!

Desde o departamento de Lingua galega, o ENDL e a biblioteca Rebolo convocámosvos á creación dunha historia colectiva:

  

Para levar a cabo esta actividade, poñemos á vosa disposición tres cadernos nos que poderedes ir engadindo, cada un de vós, unha peza desta historia conxunta.

Construíde connosco!


Tamén poderedes participar nos xogos relacionados coas Letras Galegas que vos ofreceremos no vestíbulo do centro. Os que participedes seredes agasallados cunha pequena sorpresa.

Xogade á sopa de letras, aos cubos, á palabra perdida...!

E non esquezades visitar a exposición sobre M. Victoria Moreno da que podedes gozar desde onte. Trátase dun conxunto de carteis elaborados polo alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero e que resultou gañador do concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Os nosos parabéns para eles! 

Seguiremos informando sobre todo o que aconteza na nosa Semana das Letras.

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...