Saltar ao contido principal

Día Internacional do Medio Ambiente

Sen contaminación por plástico

O 5 de xuño celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente, que este ano ten como lema "Sen contaminación por plástico".
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, en colaboración coa biblioteca Rebolo, participou nesta xornada cun concurso-exposición de fotografía. Os participantes deixáronnos fermosas imaxes da súa visita ao Monte Aloia, tema proposto para este certame.
Aquí tedes un vídeo que recolle as obras dos participantes:


E, como non, tamén podedes ver algunhas caras coñecidas:


Este ano, a campaña proposta pretende concienciarnos da necesidade de reducir a produción e uso dos plásticos, que poñen en serio perigo a vida dos nosos mares e, en consecuencia, a nosa propia saúde!
Como sabemos que estades interesados neste tema, propoñemos que busquedes información (as redes seguro que vos axudan) e fagades unha reflexión que vos axude a tomar conciencia e decisións para loitar contra este problema.
Para comezar, propoñémosvos que visitedes a páxina de Greenpeace, onde atoparedes imaxes e cifras que vos poñerán os pelos de punta!

Toma unha decisión, loita pola vida!

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...