Saltar ao contido principal

Xa (case) estamos aquí!


Boas a todas e todos!
Non desesperedes, xa estamos a piques de abrir as portas!

 Esperamos poder estar convosco a próxima semana, a ser posible o luns 1 de outubro. 
Aínda que xa non podemos contar con Anta nin con María Bascuas (estamos negociando con cadanseus representantes para conseguir que nos visiten durante o presente curso), as demais seguimos aquí, ao voso servizo para o que precisedes, baixo a batuta de Bea Cuesta (a nosa nova lider) e coa colaboración engadida de Basi, Sandra, Diego e Irma. 

E, como non, seguimos contando con todas e todos vós, polo que continuaremos propoñendo actividades nas que sempre estamos encantados da vosa participación.
Pero isto non é o único que esperamos, precisamos a vosa iniciativa, as vosas ideas, a vosa creatividade, as vosas suxestións, o voso traballo.

Xuntos imos facelo moito mellor!





Xa vos iremos contando! Estade atentos ás nosas comunicacións!

Feliz curso a todos e todas!

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...