O pasado día 21 de Maio tivo lugar no IES Isidro Parga Pondal un debate académico en torno á cuestión de se os videoxogos violentos aumentan a nosa agresividade ou non. Esta é a segunda vez que o alumnado de bacharelato deste instituto se enfronta ao do IES Urbano Lugris, de A Coruña.
O debate foi realmente interesante; ambas partes presentaron os seus argumentos a favor e en contra, refutaron con contundencia e cortesía os aspectos que non lles parecían ben fundamentados e nas súas conclusións declararon que, con xogos ou sen eles, todos condenan a violencia.
A verdade, nestes tempos de tanto enfrontamento crispado entre politicos, agradécese asistir a un bo debate.
Foi unha magnífica tarde!Unha nova lección de bo traballo, respecto e ledicia! A verdade é que en Carballo sempre nos sentimos moi ben tratados! Un millón de grazas :)
ResponderEliminar