Saltar ao contido principal

Día contra a Violencia de Xénero


Desde o noso centro, e dun xeito especial desde a Biblioteca, participamos conmemorando o “ Día contra a Violencia de Xénero” nunha serie de actividades que pretenden concienciar e informar o alumnado na eliminación das violencias machistas. A nosa finalidade última é a concienciación dos nosos alumnos e alumnas para que se impliquen de forma activa nesta lacra social que cada día, aumenta. Para iso organizáronse unha serie de actividades onde os distintos departamentos e titorías colaboraron de xeito moi activo. 
  • O alumnado de 1º ESO realizou un vídeo musical e os de 2º Bacharelato deileitáronnos cunha peza de teatro lido: Un berro na escuridade resaltando o papel da muller na sociedade. Todos os estudantes, acompañados dos titores, baixaron á biblioteca a visualizar estes traballos.
  • Nos lugares comúns do instituto fixemos unha pegada de textos escritos polos propios alumnos onde se traballaban aspectos sobre posibles solucións para erradicar da nosa sociedade esta barbarie contra as mulleres. 
  • Tamén colocamos no centro caras ocultas baixo a escuridade que representaban as mulleres que foron asasinadas durante este ano. 
  • O alumnado de 4º ESO asistiu o xoves 21 de novembro ao Pazo de Cultura de Carballo á posta en escena de “Golpes”. Este espectáculo forma parte do programa “ Por 365 días de respecto e igualdade “ do Plan Proxecta e busca que os espectadores identifiquen os índices sociais de desigualdade latente entre homes e mulleres así como as diferentes formas e caras da violencia de xénero.Foi esta unha iniciativa da Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller ( CIM) do Concello de Carballo. 
  • Desde a campaña “ Carballo contra as violencias de Xénero” que organizou o CIM ( Centro de Información á Muller) repartíronse entre o alumnado estoxos e lapis cuxo obxectivo foi a información sobre esta Asociación e a axuda que poden prestar á Muller. O xoves 28 o nosos estudantes recibiron no centro unha conferencia sobre” Prevención da violencia de xénero na adolescencia” a cargo da socióloga Patricia Vaquero.

Podedes ver unha galería de imaxes das actividades desenvoltas nese día pulsando na foto


A continuación, o texto que leu o alumnado de 2º bacharelato
Como ben saberedes, hoxe, 25 de Novembro é o día contra a Violencia de Xénero, e desde o instituto levamos días reivindicando esta data, na que se denuncia a violencia que se exerce contra a muller en todo o mundo e se reclama políticas en todo o planeta para a súa erradicación.

O día da Violencia contra a muller non se celebra un 25 de novembro por casualidade, senón que esta convocatoria foi iniciada polo movemento feminista Latinoaméricano en 1981, en conmemoración á data na que foron brutalmente asasinadas, as irmás Mirabal, tres importantes activistas dominicanas.

Se falamos de asasinatos, só no que levamos de ano, e só os que se recollen como causantes deste tipo de violencia, a cifra ascende a 51 mulleres en 11 meses, 11 delas xa denunciaran, 4 con orde de "afastamento" .

Non obstante a violencia de xénero non son só asasinatos, senón calquera tipo de violencia física ou psicolóxica, e aquí inclúense: insultos, manipulacións, chantaxes, ameazas...

Dende aquí pedímosvos que recordedes que só temos unha vida, así que, por favor, se sufrides violencia de xénero non caledes e se sabedes quen a sofre, axudade e apoiade.

Debemos educar desde a infancia en igualdade para acabar con esta lacra social.

A continuación ides ver un vídeo onde representamos unha obra na que se dá voz á represión que sufriron e sufrimos as mulleres ao longo da historia, a través da voz dunha xudía, unha grega, unha árabe, unha campesiña e unha muller actual.

E como ben reafirmamos no vídeo, non imos calar, sempre loitaremos, e o momento de facer este cambio é agora.

E aquí podedes ver os dous vídeos que puxéronse ese día:
  • O primeiro o vídeo do alumnado de 2º bacharelato coa lectura de "Un berro na escuridade".
  • O segundo, o vídeo feito polo alumnado dos grupos de 1º ESO A, 1º ESO D, 2º ESO D e 2º ESO E. 

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...