Saltar ao contido principal

Día Universal da Infancia

O día 20 de novembro conmemoramos no noso centro o Día Internacional da Infancia. Por este motivo, un grupo de alumn@s de 1 ESO realizaron unha emisión radiofónica na nosa radio escolar “Rebolondas”.

Nela, explicaron que foi, neste día do ano 1989, cando foi aprobada a Convención dos Dereitos do Neno, o máis universal de todos os tratados internacionais.

Neste documento son establecidos unha serie de dereitos, a protección fronte á violencia, a non ser discriminados e a que sexan escoitadas as súas reivindicacións, para que a infancia sexa algo para protexer independentemente das situacións dos nenos e nenas e do lugar do mundo onde se atopen.

Velaquí, o postcast desta emisión!!!


Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...