Saltar ao contido principal

Taller de poesía e ilustración


O pasado mes de novembro, a escritora e profesora de lingua castelá e literatura, María Míguez, en colaboración co equipo da biblioteca, levou a cabo un taller de poesía e ilustración con todo o alumnado de 2º de ESO. Partindo dunha composición creada poe ela mesma, o haikiño ilustrado (derivado a súa vez do haiku xaponés), os alumnos foron quen de crear a súa propia poesía ilustrada cuns resultados verdadeiramente sorrprententes e moi gratificantes como se pode apreciar nas imaxes desta entrada. Tras a súa exposición, foron seleccionados dez traballos ós que se lles otorgou un premio en forma de láminas e libros firmados pola propia escritora.
A finalidade do taller estaba, por unha parte, en achegar ó alumnado dunha forma máis atractiva, ó xénero lírico, tema a desenvolver neste trimestre; e por outra, tratar de despertar a súa creatividade artística, cousa que se conseguiu sobradamente como podedes comprobar.

Podedes ver unha galería de imaxes pulsando na imaxe.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/galeria/displayimage.php?album=22&pid=457&slideshow=5000
 

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...