Saltar ao contido principal

Día Internacional de Conmemoración en memoria das Vítimas do Holocausto

O día 27 de xaneiro é o “Día Internacional de Conmemoración en memoria das Vítimas do Holocausto”. Recordamos a liberación polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio de Auschwitz- Birkenau.

Neste ano, 2020, estamos a conmemorar o “ 75 Aniversario “ desta liberación.

Por este motivo, as nosas alumnas do Club de lectura ALEJANDRÍA, preséntannos a través dun programa de radio, a nosa Radio Escolar, Rebolondas, unha das lecturas realizadas, Cuando Hitler robó el conejo rosa.

É esta unha novela xuvenil escrita por Judith Kerr publicada por primeira vez no ano 1971. Trátase dunha obra autobiográfica pois está baseada nos primeiros anos da vida da autora. A historia comeza coa chegada de Hitler ao poder, que cambiará radicalmente a vida dos seus protagonistas e das súas familias. Relátanse os acontecementos da expulsión e fuxida da Alemaña nazi de millóns de xudeus, que nos axudará a comprender acontecementos históricos que marcaron épocas escuras e cos que podemos aprender para que non se volvan a proxectar nun futuro.

Escoitade o programa porque é unha nas novelas máis lidas polos mozos de todo o mundo. É un libro que desborda emoción e sensibilidade. 









RECOMENDABLE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...