Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o “Día da
Muller e da Ciencia . Desde o
noso centro queremos sumarnos a esta
conmemoración. Cremos que é sumamente importante que o número de alumnas que estuden carreiras de ámbito
STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) medre, que se dean conta
que TODAS poden facer aquilo que se
propoñan e nós queremos motivalas para levalo a cabo.
Destacamos así, o proxecto que está realizando o alumnado de
2º bacharelato na optativa TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións)
guiados pola súa profesora Leticia Riestra.
Estes están participando nun concurso internacional (organizado pola Universidade
Pompeu Fabra de Barcelona) dirixido a colexios e institutos de España e
Latinoamérica e cuxos obxectivos son:
- Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
- Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas.
- Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.
O alumnado leva varios meses preparando a súa páxina web con gran esforzo, motivación
e ilusión. Realizaron varias entrevistas a mulleres relevantes tanto de maneira
presencial como a distancia e traballaron con diferentes ferramentas para
reflectir na súa páxina web o esforzo realizado.
Publicaron ademais,
nas nosas redes sociais, noticias relevantes no ámbito STEM así como os
progresos duranteo desenvolvemento do
proxecto.
As diferentes mulleres entrevistadas foron:
- Verónica Rojo Oróns: Bióloga. Traballando en AllGenetics.
- Marta Esperanza Llera: Bióloga. Investigadora
- Marta Nael: Ilustradora.
- Verónica Bolón Canedo: enxeñeira Informática. Profesora e investigadora.
- Yasmin Diab López: Inxeñeira Informática. Analista programadora.
- Tamara Riestra Ainsua: Enxeñeira Informática. Profesora de Secundaria.
- Ángeles Saavedra Places: licenciada en informática. Profesora e investigadora.
- Sandra Santos Suárez: Matemática. Profesora de secundaria.
- Iria Roca Otero: Matemática. Investigadora.
Podedes consultar o traballo realizado no seguinte enderezo: XXX así como seguirnos nas redes sociaiss @Facebook, @Twitter e @Instagram e compartir as nosas noticias para intentar chegar ao maior número de mulleres posibles.
A continuación gozade do vídeo resumo do proxecto
Comentarios
Publicar un comentario