O xoves 11 de febreiro tivemos unha charla organizada pola iniciativa 11 de febreiro (https://11defebrero.org/) que ten como obxectivo encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia promovendo prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico.
Esta tertulia foi guiada pola carballesa Verónica Bolón Canedo, enxeñeira
informática e profesora de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información
na Universidade da Coruña, recentemente galardoada cun dos premios Dona TIC na
categoría de revelación polo seu traballo no ámbito das tecnoloxías da
información e a comunicación outorgados pola Consellería de Políticas Dixitais
e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, dentro do plan Dona TIC.
Ao rematar, Sara Cotelo e Sergio Amarelle (de 1º de Bacharelato) fixéronlle unha entrevista na radio Rebolondas do centro que podedes escoitar aquí.
Ou tamén podedes velo na nosa canle de youtube
Comentarios
Publicar un comentario