Saltar ao contido principal

Día Mundial do Medio Ambiente

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano o lema é UNHA SOA TERRA. No noso centro conmemoramos esta data cunha exposición de traballos realizados polo alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO. O alumnado elaborou carteis, que están expostos na entrada do centro e gravaron vídeos nos que explican as investigacións levadas a cabo.

Por outra banda, o alumnado de 1º ESO traballou ao longo do curso sobre biodiversidade elaborando guías de seres vivos. Nas vitrinas exponse unha pequena selección destes traballos.

Desexamos con estas actividades, contribuír a formación de cidadáns máis repectuosos cos ecosistemas, para garantir que este fermoso e único planeta siga sendo un fogar confortable para a humanidade.

 






 

Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...