Na Biblioteca Rebolo organizamos novamente un concurso co motivo da celebración do día Internacional do Libro (23 de Abril).
O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro. Consulta as bases que tedes máis abaixo e amimádevos todxs a participar! Hai moitos premios en xogo!
-
Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito tratando de encaixar a túa cara ou outra parte do corpo, con máis ou menos técnica, graza e imaxinación.
-
Que precisas? O teu libro favorito e o un teléfono móbil.
-
Datos: nome e apelidos
-
Entrega e data límite: As fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com ata o luns de 17 de abril de 2023. Serán publicadas nas redes sociais da biblioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro.
-
HABERÁ UN PREMIAZO!!!!!
-
CATEGORÍA A: Alumnado do centro dende 1º ESO a 2º de BAC, Adultos e Ciclos Formativos.
-
CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do Centro
-
PREMIOS CATEGORÍA A:
-
1º Premio: Libro + cheque regalo de 30 Euros.
-
2º Premio: Libro + cheque regalo de 20 Euros
-
3º Premio: Libro + cheque regalo de 10 Euros.
-
PREMIOS CATEGORÍA B:
-
1º Premio: Libro + cheque regalo (Relax)
Comentarios
Publicar un comentario