Saltar ao contido principal

Charla Xurxo Souto

O noso compañeiro Xurxo Souto, cunha grande actividade sociocultural e literaria como nos informaron as súas alumnas de latín de 2º de bacharelato, ofreceu unha charla ao noso alumnado de 1º e 2º de bacharelato onde lles amosou a relación da poesía e da música na literatura galega. Así tamén, explicoulles a importancia de Luísa Villalta (homenaxeada estea ano no Día das Letras Galegas) na nosa literatura e a súa relación coa música. Acabamos esta a charla cunha mostra do que é a literatura bravú, subxénero literario do que é un dos grandes representantes.

Na nosa biblioteca dispoñemos da súa obra, e animámosvos a todos e todas a que a leades!!!

Moitas grazas ao equipo de Dinamización da Lingua Galega, ao Departamento de galego e ao equipo da Biblioteca pola súa colaboración, e sobre todo ás súas alumnas de latín que nos amosaron as a relación de Xurxo coa escrita, coa música e co audiovisual galego!!!






Comentarios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...