Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 5, 2024

Desfrutamos co noso alumnado do teatro no 32 Festival Internacional Outono de Teatro

 Ao longo dos meses de outubro e novembro Carballo celebra o 32 Festival Internacional Outono de Teatro, e desde o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da nosa lingua do noso centro non queriamos que o noso alumnado deixase de desfrutar do espectáculo. Así, que, alí estiveron os e as alumnas.   4 de outubro, 3º ESO en Apaga o candil 24 de outubro, 1º e 2º de Bacharelato en Puños de harina 23 de novembro 4º ESO en Alma de tigre Aquí unha pequeniña mostra!    Moitas grazas á organización por nos ofreceren e permitiren desfrutar destas obras co noso alumnado!!!

Alumnas premiadas no Concurso de Lapbooks

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de Lapbooks convocado con motivo do Día do Libro: CATEGORÍA A: 1º premio: ALDARA CARRO VÁZQUEZ. 2º ESO B. 2º premio: UXÍA FIEIRA PORTEIRO. 2º ESO D. 3º premio: CLARA PEREIRA OTERO. 2º ESO D. CATEGORÍA B: 1º premio: NEREA RODRÍGUEZ VÉLEZ. 4º ESO A. 2º premio: CLARA RODRÍGUEZ POSE. 4º ESO A. 3º premio: LUCÍA RODRÍGUEZ VARELA. 4º ESO A. Os seus lapbooks están expostos na entrada do instituto. Parabéns ás gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou!    

O noso alumnado conmemora con nós o Día Internacional do Libro con moita imaxinación e creatividade!!!

 Para conmemorar o 23 de abril, Día Internacional do Libro, o noso alumnado botou man da imaxinación e creatividade. A través de dúas propostas. Dunha banda, o noso alumnado de 1º e 2º da ESO, a proposta do equipo da Biblioteca Rebolo e do Equipo de Dinamización da Lingua traballou nas sesesión de titoría con diferentes propostas de poemas e fixeron a súa interpretación persoal a través dun debuxo!       Ademais, con motivo dun concurso de lapbooks, deixáronnos unhas propostas ben creativas e orixinais dos seus libros favoritos. Aquí vos deixamos unha mostra!!!!!

23 de abril, Día Internacional do Libro. A amiga invisíbel tráenos un libro!!

 O 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro. Con motivo desta celebración, e aproveitando o gusto pola lectura e o fomento da mesma entre o noso equipo docente e PAS, decidimos desde a Biblioteca Rebolo e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizar un/ha amigo/a invisible e agasallármonos cun libro!  Aquí vos deixamos unha mostra da ilusión coa que os recibimos! 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...