Mañá é 17 de maio, Día das Letras Galegas e no IES Isidro Parga Pondal celebrámolo con diversas actividades. Para comezar, que vos parecen as nosas escaleiras? Podemos coñecer máis da figura de Antón Fraguas a través de dúas exposicións: a proporcionada pola Xunta e a realizada polo alumnado do CPI San Luís Romero e que hoxe tivemos a sorte de que as profesoras encargadas viñeran presentar Propoñemos tamén unha serie de xogos sobre esta celebración; e está tendo moito éxito!!! Se participades, poderedes recibir como agasallo unha chapa; e se acertades... unha mochila!!! Aínda estades a tempo de conseguir a vosa!

