Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Antón Riveiro Coello

Antón Riveiro Coello, un crack!

Cando lle preguntamos ao alumnado a súa opìnión sobre Antón Riveiro Coello despois da súa visita do pasado xoves 14 de decembro, isto foi o primeiro que responderon: UN CRACK! Se lles gustou o libro, A ferida do vento , desfrutaron da súa charla de case dúas horas sen pestanexar! O autor tamén pareceu cómodo porque non baixaba o ritmo a pesar de que arrastraba unha gripe que, en condicións normais, restaríalle entusiasmo; pero nada diso se puido apreciar durante a charla. Deunos datos da súa vida que complementan os que puidemos coñecer a a través do libro e que captaron a atención de todos os presentes. Esperamos poder recibilo pronto de novo! Agradecemos a súa visita, as súas ganas, a súa entrega e a súa obra!                                                  GRAZAS ANTÓN, volve cando queiras!

Visita de Antón Riveiro Coello

O próximo día 14 de decembro o autor de A ferida do vento , que o alumnado de 4º da ESO coñece moi ben, visitaranos no centro para falar da súa obra. O departamento de Lingua galega e literatura, en colaboración coa Biblioteca Rebolo e o EDL, invita a este autor para que nos ofreza unha perspectivas máis ampla sobre a súa obra e someterase ás vosas preguntas. PREPARADE UNHAS CANTAS!!!! Agradecemos á editorial Galaxia que nos permitise contar con el en datas tan concorridas!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...