Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Concurso

Resolución do Concurso de marcapáxinas

E estes son os marcapáxinas premiados! Tendo en conta a calidade dos tres, decidimos dar tres primeiros premios que recibirán un vale de 15 euros cada un. Parabéns! Lola Collazo de 1 ESO D   Alejandro Barrera de 1 BAC A    Sara Gende de 1 ESO D   Grazas pola vosa participación!

Semana das Letras

Mañá é 17 de maio, Día das Letras Galegas e no IES Isidro Parga Pondal celebrámolo con diversas actividades. Para comezar, que vos parecen as nosas escaleiras? Podemos coñecer máis da figura de Antón Fraguas a través de dúas exposicións:  a proporcionada pola Xunta e a realizada polo alumnado do CPI San Luís Romero e que hoxe tivemos a sorte de que as profesoras encargadas viñeran presentar  Propoñemos tamén unha serie de xogos sobre esta celebración; e está tendo moito éxito!!! Se participades, poderedes recibir como agasallo unha chapa; e se acertades... unha mochila!!! Aínda estades a tempo de conseguir a vosa!

Concurso de marcapáxinas

Rebolondas

Aínda que o dictame do xurado se fixo esperar, xa temos nome para a nosa radio, Rebolondas! A creadora é Valeria Gesto Canedo, alumna de 2ª BAC B. Moitas grazas Valeria pola túa aportación! Parabéns!

Buscamos nome para a radio

Concurso fotográfico Amor platónico

Xa temolas fotos que participan neste concurso tan romántico. Podedes velas premando na imaxe seguinte: Como sabedes, tres delas serán premiadas cada unha cun vale de 20 euros. O xurado terá que facer ben o seu traballo. Sorte a todos e a todas  e moito AMOR!!!

Día Internacional do Medio Ambiente

Sen contaminación por plástico O 5 de xuño celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente , que este ano ten como lema "Sen contaminación por plástico". O departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, en colaboración coa biblioteca Rebolo, participou nesta xornada cun concurso-exposición de fotografía. Os participantes deixáronnos fermosas imaxes da súa visita ao Monte Aloia, tema proposto para este certame. Aquí tedes un vídeo que recolle as obras dos participantes: E, como non, tamén podedes ver algunhas caras coñecidas: Este ano, a campaña proposta pretende concienciarnos da necesidade de reducir a produción e uso dos plásticos, que poñen en serio perigo a vida dos nosos mares e, en consecuencia, a nosa propia saúde! Como sabemos que estades interesados neste tema, propoñemos que busquedes información (as redes seguro que vos axudan) e fagades unha reflexión que vos axude a tomar conciencia e decisións para loitar contra este problema. Para comezar,...

Resultado dos concursos do Día das letras

O xurado dos concursos convocados para conmemorar o Día das letras galegas decidiu conceder os seguintes premios: Concurso literario 1º premio na primeira categoría: "Maldito" de Carolina Mouro Periscal 1º premio na segunda categoría: "Un pequeno can" de Milena Muíño Pereira Concurso de debuxos 1º premio na primeira categoría para Marcos Amado Alcoba, Alejandro Caamaño Sande, Jessica Díaz Gesto, Sebastián García Reimóndez, Clara Lorenzo Rama, Ramón López Añón, Máximo Agustín Páez Farias e Noé Varela Fernández. Parabéns a todas e todos! Poderedes recoller os premios na biblioteca a partir do luns 28 de maio e até o venres 1 de xuño.

Día das Letras Galegas III

Xa chegou unha morea de traballos para os concursos! Pero non esquezades que hoxe remata o prazo de presentación. E non deixedes de participar nas outras actividades que vos ofrecemos: Na historia colectiva...   Os preciosos cadernos nos que estades escribindo foron cedidos polo Concello. Agradecemos a súa colaboración! No noso Xogando coas letras... Os compañeiros e compañeiras que participaron  xa teñen o seu agasallo. A que esperades para recoller o voso? E admirade as nosas escaleiras literarias dedicadas a M. Victoria Moreno!    Grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Día das Letras Galegas II

D17 de maio Día das Letras Galegas Lembrade que durante a próxima semana teremos diversas actividades! Xa coñecedes os concursos de narración e debuxo convocados (botádelle unha ollada á publicación do día 3 de maio). Aínda hai máis! Desde o departamento de Lingua galega, o ENDL e a biblioteca Rebolo convocámosvos á creación dunha historia colectiva:    Para levar a cabo esta actividade, poñemos á vosa disposición tres cadernos nos que poderedes ir engadindo, cada un de vós, unha peza desta historia conxunta. Construíde connosco! Tamén poderedes participar nos xogos relacionados coas Letras Galegas que vos ofreceremos no vestíbulo do centro. Os que participedes seredes agasallados cunha pequena sorpresa. Xogade á sopa de letras, aos cubos, á palabra perdida...! E non esquezades visitar a exposición sobre M. Victoria Moreno da que podedes gozar desde onte. Trátase dun conxunto de carteis elaborados polo alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero ...

Día das Letras Galegas

O próximo día 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a M. Victoria Moreno. En colaboración co departamento de Lingua Galega e o ENDL, temos previstas diversas actividades das que vos iremos informando, pero comezamos propondo estes dous concursos que hoxe abren o prazo de presentación.  Contamos coa vosa participación!

Secuela do Sabías quen?

O noso concurso do mes de marzo tivo algunhas consecuencias que pasamos a revisar a continuación. A ver se atopadedes os parecidos! Estes son os orixinais. Agora chegan as vosas réplicas: Coñecedes os personaxes?

Fotografando a natureza

As profesoras do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía queren mostrar á toda a comunidade educativa o  Parque Natural do Monte Aloia   que visitaron co seu alumnado no mes de febreiro. Por esta razón, convocan un concurso fotográfico que procura compilar as imaxes que as vosas compañeiras e compañeiros realizaron durante a visita. As persoas que participastes da actividade e queirades colaborar, podedes consultar as bases do concurso no seguinte enlace: E para comezar a desfrutar das marabillas que se poden atopar neste lugar, aquí tedes unha mostra do que veredes na exposición que, en colaboración coa Biblioteca Rebolo, se vai realizar co material recibido.

Resolución do Concurso

Reunido o xurado do Concurso S abías quen ?, decidiu conceder os seguintes premios:      Na 2ª categoría : 2º premio para Malacatawer. 3º premio  para Estrella Galicia. Premio pola súa participación: Lays, IRA      Na 1ª categoría : Pola súa participación: REAN e Les garçons CA Poderedes pasar a recoller os vosos premios a partir do vindeiro luns 12 de marzo na Biblioteca, de 11:00 a 11:30 horas.

Terceira entrega do Sabías quen?

Os participantes do Sabías quen? xa coñecen as novas imaxes da Proba 2. Agora compartímolas con todas e todos vós. E, como non, temos que agradecer a súa imprescindible colaboración ás profesoras que nos regalaron o seu traballo. GRAZAS! Velaquí están... Para a 1ª categoría                                       Pista 1: Fidalga nada na familia do Couto da Cereixa                                       Pista 2: Dirixiu unha revolta contra os impostos que o bispo cobraba                                       Pista 3: O seu nome aparece no reto do videoxogo Pokemon X Para a 2ª categoría Pista 1:   Viviu algúns anos da súa infancia  no Virreinato cuxa capital era a cidade ...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...