Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 10, 2019

Obradoiro de radio na escola

O mércores 23 de febreiro o grupo de traballo Radio na biblioteca escolar participou no primeiro obradoiro. A periodista Rocío Cadahía, de AGARESO -Asociación Galega de Reporteiros Solidarios- explicou os rudimentos máis básico para arrancar con este proxecto. Aquí tedes unhas imaxes dos primeiros pasos destas profesoras diante dun micro. Un saúdo.

O club de lectura do Módulo 3-4 de adultos non para

No primeiro cuadrimestre no club de lectura do Módulo 3-4 de adultos limos: A memoria da choiva, de Pedro Feijoo. Imos ver o que opinan os vosos compañeiros da ESA!!!!!! ” É moi entretido e parece unha historia real, ademáis mantén a tensión o longo da historia” (Emma, Tania, Gloria) “A min o que máis me gustou do libro é a parte final porque a curiosidade por saber quen era o asasino dábame moita intriga. e tamén me gusta a historia entre sofía e aquiles porque non se sabe se vai a haber algo entre eles ou non” (Martina)  ”Está xenial que o asasino se inspire en poemas de rosalía de castro para cometer os seus horribles crimes!!” “Aínda que por outra banda, o que menos me gustou foi que se explicaran tanto os crimes porque daba un pouco de grima” “Si, os asasinatos son moi explícitos” “non o recomendaría para persoas aprensivas ” (Emma, Alexya, Nerea) MOI INTERESANTE, PASA NO NOSA ZONA E E UNHA LITERATURA SINXELA ”O que máis me gustou foi a imperfección do

Concurso fotográfico Amor platónico

Xa temolas fotos que participan neste concurso tan romántico. Podedes velas premando na imaxe seguinte: Como sabedes, tres delas serán premiadas cada unha cun vale de 20 euros. O xurado terá que facer ben o seu traballo. Sorte a todos e a todas  e moito AMOR!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...