Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 14, 2018

Antón Riveiro Coello, un crack!

Cando lle preguntamos ao alumnado a súa opìnión sobre Antón Riveiro Coello despois da súa visita do pasado xoves 14 de decembro, isto foi o primeiro que responderon: UN CRACK! Se lles gustou o libro, A ferida do vento , desfrutaron da súa charla de case dúas horas sen pestanexar! O autor tamén pareceu cómodo porque non baixaba o ritmo a pesar de que arrastraba unha gripe que, en condicións normais, restaríalle entusiasmo; pero nada diso se puido apreciar durante a charla. Deunos datos da súa vida que complementan os que puidemos coñecer a a través do libro e que captaron a atención de todos os presentes. Esperamos poder recibilo pronto de novo! Agradecemos a súa visita, as súas ganas, a súa entrega e a súa obra!                                                  GRAZAS ANTÓN, volve cando queiras!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...