Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 11, 2018

PARTICIPA!!!

Desde este luns 19 de e até o venres 23 de febreiro, INSCRÍBETE e PARTICIPA no concurso SABÍAS QUEN? Cubre o impreso que che ofrecemos directamente na biblioteca ou, se o prefires, fai clic neste  enlace e faino a través dun formulario de google    (lembra que neste caso tes que ter unha conta de Google). Ánimo e sorte!!! 

A xogar!!!

Este ano estreamos novo concurso... Sabías quen? Xa tedes nas vosas aulas as Bases do concurso , pero seguro que algún de vós prefire consultalas a través da vía dixital, a que si? Pois aquí as tedes, (se non as vedes ben, premede neste enlace  ou directamente nas bases) A partir do próximo luns, teredes ás vosa disposición os formularios de inscrición na biblioteca e no blog, se preferides facelo en formato dixital. Esperamos a vosa participación!

Concurso SABÍAS QUEN?

FUN PIRATA, FUN VAQUEIRO, FUN HEROE... ENTROIDO 2018

O club de lectura "Vixía das letras" celebrou o pasado xoves un entroido literario: tivemos piratas, heroes, hippies, espartanos, vaqueiros... Caracterizados dos diferentes personaxes, os alumnos e alumnas do club de lectura dramatizaron pequenos fragmentos de obras moi coñecidas e relacionadas cos seus disfraces. Moitas grazas pola vosa colaboración. Foi moi divertido e fixéstelo xenial!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...