Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 24, 2019

Día de Rosalía (24 de febreiro)

Este ano celebramos o Día de Rosalía  proxectando as presentacións nas que traballou o alumnado de 1 ESO. Por problemas técnicos non puidemos comezar o luns, como tiñamos previsto. Pero a partir de mañá... pasade pola bilbioteca e desfrutade da obra desta grande escritora dos recitados dos seus poemas e das versións musicadas que seleccionastes! E tamén aquí podedes reproducir os vídeos: Deixámosvos tamén aquí a exposición que podedes ver no centro elaborada por alumnado de 3 ESO E non esquezades que, coma sempre, tedes á vosa disposición unha selección de obras da autora na nosa zona de exposicións. Parabéns a grazas pola vosa grande colaboración!

Resolución do concurso Amor platónico

Non foi fácil seleccionar tres fotos, porque son todas estupendas! Despois dunha moi longa deliberación... estas son as gañadoras! E, de forma excepcional, queremos entregar outro premio; non podiamos deixar de recoñecer a simpatía desta foto. Parabéns! E grazas, moitas grazas a todos e todas as que nos deixastes coñecer un pouquiño máis de vós!

O Parga namorado, namorado!!!

Á parte da vosa participación no Concurso fotográfico Amor platónico, temos que sentirnos orgullosas e orgullosos da cantidade de corazóns con que nos e vos agasallastes! Queredes ver algunha das dedicatorias?  Velaquí as tedes! Grazas!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...