Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta debuxos

Resultado dos concursos do Día das letras

O xurado dos concursos convocados para conmemorar o Día das letras galegas decidiu conceder os seguintes premios: Concurso literario 1º premio na primeira categoría: "Maldito" de Carolina Mouro Periscal 1º premio na segunda categoría: "Un pequeno can" de Milena Muíño Pereira Concurso de debuxos 1º premio na primeira categoría para Marcos Amado Alcoba, Alejandro Caamaño Sande, Jessica Díaz Gesto, Sebastián García Reimóndez, Clara Lorenzo Rama, Ramón López Añón, Máximo Agustín Páez Farias e Noé Varela Fernández. Parabéns a todas e todos! Poderedes recoller os premios na biblioteca a partir do luns 28 de maio e até o venres 1 de xuño.

Día das Letras Galegas III

Xa chegou unha morea de traballos para os concursos! Pero non esquezades que hoxe remata o prazo de presentación. E non deixedes de participar nas outras actividades que vos ofrecemos: Na historia colectiva...   Os preciosos cadernos nos que estades escribindo foron cedidos polo Concello. Agradecemos a súa colaboración! No noso Xogando coas letras... Os compañeiros e compañeiras que participaron  xa teñen o seu agasallo. A que esperades para recoller o voso? E admirade as nosas escaleiras literarias dedicadas a M. Victoria Moreno!    Grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Día das Letras Galegas

O próximo día 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a M. Victoria Moreno. En colaboración co departamento de Lingua Galega e o ENDL, temos previstas diversas actividades das que vos iremos informando, pero comezamos propondo estes dous concursos que hoxe abren o prazo de presentación.  Contamos coa vosa participación!

Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca . A Biblioteca Rebolo súmase a esta iniciativa con dúas actividades que buscan a vosa implicación. Ofrecémosvos a posibilidade de levar como regalo libros dunha selección que diversos departamentos poñen á vosa disposición. E coa vosa colaboración crearemos un  muro  onde poderedes expresar opinións, críticas,  suxestións, visións persoais ou o  que creades oportuno sobre a biblioteca con comentarios, frases, debuxos, graffitis... Participa! Contamos contigo!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...