30 de xaneiro de 2018 Hoxe no centro desfrutamos da xornada conmemorativa do Día Internacional da non violencia e da paz!!! Unha parte importante de vós participou na elaboración de material do que agora todos podemos aprender un pouco máis sobre a convivencia en paz, sobre a amizade, sobre a necesidade de colaborar para obter grandes resultados... como os que podedes ver nas fotos que agora vos amosamos. Estes son os carteis que elaborastes, recoñecedes o voso? E as vosas caras vendo o vídeo ?