Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 15, 2022

Gañadoras/es Concurso BOOKFACE

Co gallo do “ Día Internacional do Libro”, 23 de abril de 2022, organizamos desde a “Biblioteca Rebolo “ o concurso “ Faite un bookface”. Moitas grazas a todos os participantes. Os gañadores resultaron ser: CATEGORÍA B Marisol Varela Busto.  CATEGORÍA A  1º Premio: Ílian Rodríguez Martínez  2º Premio: Brais Pensado Alberti. 3º Premio: Alicia Martínez Pérez.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas ao escritor, editor literario e activista político e cultural do exilio galego en México: Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). . Florencio Delgado Gurriarán naceu en Córgomo, concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903. Dende neno, e por mor do traballo do seu pai, perito agrónomo, pasou por continuos traslados, residindo en cidades como Ourense, Palencia ou Valladolid, regresando a Valdeorras en 1928. En Valladolid comezou Florencio a súa formación política ao descubrir, a finais dos anos 20, un exemplar do xornal A Nosa Terra no que se difundía o ideario das Irmandades da Fala. En 1930 constitúese a Irmandade Galeguista Valdeorresa, na que Florencio é elixido vogal por Córgomo e, en 1933, ingresa como militante no Partido Galeguista, acompañando a Otero Pedrayo e a Alexandre Bóveda nos seus mitins pola bisbarra valdeorresa. O comezo da Guerra Civil, o 18 de xullo de 1936, pillou a Florencio en V


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...