Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas a Xela Arias (1962-2003), unha da voces destacadas da poesía galega contemporánea. Ademais de poeta, Xela Arias foi tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. É autora dos poemarios Denuncia do equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003). Fixo traducións ao galego de obras como Drácula de Bram Stoker, As bruxas de Roald Dahl, Contos ao teléfono de Gianni Rodari, entre outros autores. Xela Arias foi unha autora con vocación feminista, transgresora e pioneira tanto na estética como na poética e cun alto grao de conciencia idiomática e estima pola lingua. “O idioma é o principal signo dunha cultura”, dicíao en 1988: “Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma, alónxano d...