Este fin de semana celebráronse en Santiago de Compostela asIX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia que convocan a todos os centros que teñen en marcha proxectos de Bibliotecas escolares. Nós participamos porque levamos moito tempo formando parte do Plambe, plan que pretende dotar e asistir as bibliotecas escolares nas súas funcións, necesidades e potencialidades. Ademais este curso participamos tamén no proxecto piloto de lectura dixital ELBE2 e estamos arrancando ca Radio na Biblioteca, que pretende utilizar a radio feita no centro como elemento de dinamización e mellora curricular. Estamos moi entusiasmados con estes recursos e por iso as xornadas de Santiago resultáronnos moi interesantes. Uns 1000 mestres e mestras de toda Galicia achegaron as súas ideas e suxestións. Ademais, presentaranse un total de 26 experienciasde centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, pro...