Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 19, 2023

Fai un bookface e gaña un premiazo!

Na Biblioteca Rebolo organizamos novamente un concurso co motivo da celebración do día Internacional do Libro (23 de Abril).  O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro. Consulta as bases que tedes máis abaixo e amimádevos todxs a participar! Hai moitos premios en xogo!  Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito tratando de encaixar a túa cara ou outra parte do corpo, con máis ou menos técnica, graza e imaxinación. Que precisas? O teu libro favorito e o un teléfono móbil. Datos : nome e apelidos Entrega e data límite : As fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com ata o luns de 17 de abril de 2023. Serán publicadas nas redes sociais da biblioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro. HABERÁ UN PREMIAZO!!!!! CATEGORÍA A: Alumnado do centro dende 1º ESO a 2º de BAC, Adultos e Ciclos Formativos. CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do Centro

CONCURSO DE LAPBOOKS

  Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o próximo Día do Libro. Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!      


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...