Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 20, 2022

Premiados/as concurso cartas de amor

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cartas de amor convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega. CATEGORÍA A:  1º premio:BRUNO POMBO ÁLVAREZ. 3º ESO D.  2º premio: ANGÉLICA J. VARELA PARDO. 3º ESO B.  Accésit: NURIA VILANOVA LAMAS. 3º ESO A.      CATEGORÍA B:  1º premio: THIAGO DA SILVA MANEIRO. 4º ESO A.  2º premio: SARA GENDE LONGUEIRA. 4º ESO A.  Accésit: JULIA CAAMAÑO GARCÍA. 4º ESO B.      Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!  Tedes acceso as cartar gañadoras, facendo click aquí .  

Actividades pola Memoria e a Paz

En lembranza do día en Conmemoración das vítimas do Holocausto (27 de xaneiro) e do Día da Paz Escolar a non violencia (30 de xaneiro), dende o noso centro quixemos crear un espazo de reflexión con toda a comunidade educativa coa finalidade de que o paso do tempo non diminuíra o horror acontecido e que nunca chegue a xustificarse algo así. Alén de ser un compromiso coa defensa da Paz e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. Ao longo da semana, escoitouse unhas citas de diferentes personaxes na boca de distintos membros da nosa comunidade educativa, gravados na Radio Rebolo, co obxectivo de invitar á reflexión. O alumnado de 4º de ESO da materia de Valores Éticos recolleu esas frases que foron colocadas no hall do instituto xunto á exposición de Francesc Boix, coñecido como o fotógrafo de Mauthausen. O pasado luns 14 de febreiro tivemos connosco a Carmen García-Rodeja Arriví, profesora de Historia e membro da Asociación para a Recuperación da Memori


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...